Concesión de fondos para unha instalación fotovoltaica
6 de Junio de 2025

TALLERES PICON S.L. foi a promotora dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 30 kW nominais, co obxectivo de acadar unha economía máis limpa e sustentable a través do fomento da xeración distribuída e o autoconsumo enerxético. Coa devandita instalación conséguese unha menor dependencia do mercado eléctrico, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera, evitando aproximadamente a emisión dunhas 13,7 toneladas anuais, o que supón unha pequena contribución a frear o cambio climático.

 

Para a execución do proxecto, TALLERES PICON S.L. obtivo o apoio do programa de incentivos ligados a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027. Estes fondos foron xestionados polo INEGA ascenderon o importe de 11.560,00 €